Back

Os nosos alumnos de 3 anos

Estabamos a primeiros de setembro, ía calor, aínda era verán, e no colexio La Salle Santiago, tres profesoras (Lucía, Sita e Puri) preparaban as súas aulas para dar a benvida a 75 nenos e nenas, que comezaban a súa vida escolar.

O primeiro día abriuse a porta e atopámonos cuns nenos e nenas moi contentos e... outros non tanto, pero todos dispostos a vivir moitas aventuras, coñecer moitos amigos e aprender moitas cousas novas.

Agardaban por eles moitas sorpresas: o noso amigo JUAMBA, o patio de fóra coa súa casiña, co castelo con tobogán, co balancín...; o patio cuberto para xogar e correr; a sala de psicomotricidade, con gran cantidade de material divertido. E coñecer a unha profesora moi simpática que falaba un pouco raro,teacher Paula, con ela aprendemos a cantar, xogar e falar en inglés.

E entre unhas cousas e outras, o tempo foi pasando e despois de todo o vivido esperamos que o próximo curso, xa en 4 anos, poidamos continuar creando lazos e soñando novas aventuras.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.