Back

“Construíndo un mundo máis fraterno”

Co novo curso escolar La Salle volve estrear lema: “Construíndo un mundo máis fraterno” quere axudar a orientar a mirada e a reflexión que nos próximos meses impregnará o día a día das nosas obras educativas.

La Salle en España e Portugal quere seguir “construíndo un mundo máis fraterno” e invita a facelo xuntos e xuntas.

Nun contexto global marcado pola polarización, a desigualdade e a necesidade urxente de diálogo, La Salle quere situar o valor da fraternidade como a pedra angular da formación integral do seu alumnado e a clave para edificar unha cidadanía responsable e comprometida.

Ese “construíndo” implica acción, movemento, dinamismo, porque La Salle sostén firmemente que a fraternidade non é un estado pasivo ou un logro terminado, senón un proceso continuo e activo. “Construíndo” suxire unha participación constante de todos e todas, destacando que construír un mundo máis fraterno é unha tarefa en presente que require esforzo e vontade sostida en cada momento.

Nese proceso ao que se invita a participar búscase desmantelar os muros do egoísmo, a discriminación e a exclusión, para levantar pontes de diálogo e solidariedade. Porque La Salle está convencida de que plantar a semente da fraternidade nas aulas e nos corazóns, prepara ás futuras xeracións para ser artífice desa xustiza e paz que o mundo necesita desesperadamente.

La Salle cre que outro mundo é posible e que a educación é unha forza fundamental para construílo. Desde unha perspectiva educadora La Salle ambiciona construír sociedades onde sexa posible a paz, a equidade, a xustiza social, a participación cidadá, a construción de soños comúns, e o respecto á liberdade e á diferenza. Por iso, a institución fai visible o seu compromiso cunha sociedade máis democrática e máis xusta, así como a súa opción polo desenvolvemento humano integral e sostible que beneficie a todos e todas. Educar para a paz é educar para a xustiza e a solidariedade. E iso é signo de fraternidade.

O compromiso pedagóxico de La Salle proxéctase necesariamente cara ao compromiso social. A construción dun mundo máis fraternal esixe saír fóra dun centro escolar, mirar máis aló, estar ao lado de quen máis o necesitan, desde a fe, o servizo e a fraternidade como sólidos piares da misión, coa seguridade de que a educación lasaliana é un instrumento para transformar a sociedade.

 

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.