
O Equipo de Proyde de La Salle Santiago xa está en marcha!
Xa estamos co curso escolar 2026/27 en marcha, e no Equipo de Proyde tamén comezamos a traballar e planificar todo o que temos por diante este ano.
Adiantámosvos xa o nome da campaña pola que traballaremos durante estes meses:
HAI UN PUPITRE AGARDANDO
ESE LUGAR PODERÍA SER O SEU, PERO ESTÁ NA RÚA
Esta frase recórdanos que non todos os nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades para aprender, medrar e imaxinar. Que, mentres moitos comezan o curso, outros nin tan sequera soñan con esa idea.
Este ano queremos poñer o foco nunha realidade que acompaña a miles de nenos e nenas en distintas partes do mundo, a de os que por diferentes circunstancias perderon a súa rede familiar e se ven obrigados a vivir na rúa.
Falaremos en concreto de Abiyán, en Costa de Marfil, onde se estima que ao redor de 15.000 menores atópanse nesta situación, privados moitas veces do máis básico: un fogar, protección, educación e oportunidades.
Fronte a esta desoladora realidade, coñeceremos o Fogar Akwaba-La Salle: un espazo de esperanza, un lugar de acollida onde os nenos e nenas atopan unha oportunidade para reconstruír a súa vida a través do coidado, da educación e o acompañamento integral.
Ao longo do curso iremos lanzando diferentes proposta e actividades en prol desta campaña.
Irémosvos informando pouco a pouco!
Contamos con contigo!




