Back

Peza a peza, construímos un mundo mellor!

Que ganas tiñamos de volver vernos! O luns 28 de setembro, as familias de 4 e 5 anos (5º e 6º de Educación Infantil) encheron o salón de actos no noso primeiro encontro do curso. Houbo caras coñecidas, saúdos, sorrisos e esa sensación tan bonita de volver á casa despois do verán.

A xefatura de estudos de Educación Infantil e a Dirección do centro déronnos a benvida. Despois presentaron o lema que nos acompañará este curso, adaptado para os máis cativos: “Peza a peza, construímos un mundo mellor”.

E por que pezas? Porque así se constrúen as cousas importantes: unha a unha e entre todos. Cada peza é un pequeno xesto, como compartir, axudar, escoitar ou dar a man. Cando xuntamos as de todos (nenos, nenas, familias e educadores), levantamos algo moito máis grande do que ninguén podería facer só. Esa é a idea que imos vivir nas aulas ao longo do curso.

Tamén nos acompañou un representante de PROYDE. Lembrounos que a solidariedade forma parte do noso ADN lasaliano e faloúnos do Fogar Akwaba de La Salle. Akwaba significa benvida, acollida, protección e oportunidades: catro palabras que encaixan de marabilla co lema.

Ademais, o presidente da Asociación de Nais e Pais (ANPA) animou as familias a participaren e a sumárense á vida do cole. Elas tamén son unha peza imprescindible desta construción.

As construcións de cores que naceron desta proposta xa lucen no cole. Lémbrannos que, cando cada quen achega a súa peza, o resultado é moito máis bonito.

Grazas a todas as familias por vir! Este curso, peza a peza, seguimos construíndo xuntos.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.