Back

GRAN ÉXITO NO CONCURSO “CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL”

A alumna Tania Rúa López, que cursou 2º de Bacharelato no centro este curso 2025-26, na clase de 2º C, resultou gañadora da fase provincial na 13.ª edición do concurso de redacción “Carta a un militar español”, convocado polo Ministerio de Defensa.
É unha gran satisfacción para o colexio a consecución deste primeiro premio neste concurso con tanta tradición de participación desde fai moitos cursos no noso centro. A carta de Tania competirá a partir de aquí coas cartas gañadoras nas outras provincias, e ogallá poida conseguir aínda máis premios. Parabéns a Tania polo seu esforzo.
O pasado 8 de xuño realizouse a entrega de premios na Subdelegación de Defensa de A Coruña. A este acto acudiu Tania acompañada da familia e a súa titora, Raquel Goimil. Durante a cerimonia Tania fixo a lectura en público da carta gañadora.
E este mércores 15 de xullo recibiu no colexio os regalos que lle correspondían por ter escrito a carta seleccionada polo centro. Nesta ocasión acompañouna o Xefe de Estudos de Bacharelato, Fabio Salvado.
Felicitamos a Tania por este premio, esperamos que aínda poida conseguir máis, e desexámoslle moita sorte no seu futuro na Universidade.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.