
SEMANA PROYDE 2026
No noso colexio, do 9 ao 13 marzo tivo lugar a semana Proyde, uns días de reflexión e sensibilización tanto para o alumnado coma para o profesorado.
A campaña deste ano é: “Volver á escola, volver a rir”. Demos a coñecer o “Proxecto Fratelli” no Líbano, para o que irá dirixido todo o que se vaia recadando coas diferentes actividades ao longo do curso.
Por exemplo, o xoves desfrutamos do Día do Bocata, unha xornada na que dende os maiores aos máis pequenos gozaron dun delicioso bocadillo, sendo conscientes de que os cartos serán destinados para o citado proxecto.
Que bo é recordarnos a sorte que temos e o importante que é para moitas persoas pequenos xestos e axudas que, entre todos e todas, fan que se volvan grandes.
Graciñas por todo o traballo e implicación nesta semana tan especial!









