Back

Influencers en defensa do consumidor

Con motivo do día mundial dos Dereitos do Consumidor e tras realizar un obradoiro sobre publicidade, os alumnos de Cultura Financeira foron convidados á presentación das conclusións do ENCONTRO NOVA ESTRATEXIA GALEGA DE PROTECCIÓN DÁS PERSOAS CONSUMIDORAS 2026-2030 Traballadoras do Instituto Galego de Consumo viñeron ao cole para dar a coñecer as leis que protexen aos consumidores de prácticas abusivas no exercicio da publicidade. O obradoiro tivo continuidade e a reflexión sobre estes temas acompañouse de distintos traballos encamiñados a facer oir a voz dos adolescentes, que xa se atopan con moitas mensaxes de márketing. O 12 de marzo asistimos ao acto, no que Hugo e Guille subiron ao escenario para facer saber ás autoridades e asociacións presentes que os adolescentes non queren que se lles engane con truques, e tamén están preocupados polos malos usos noutras partes da cadea de produción. Non queren que os seus produtos fáganse con explotación de nenos nin adultos. Antes de pechar o acto cun ágape no Hostal dos Reis Católicos, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración fixo reconto das mensaxes enviadas e instou á potenciación do comercio local. Toda unha experiencia.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.