Olímpicos en Economía
Cinco alumnos de segundo de bacharelato acudiron representando ao colexio La Salle á XII Olimpiada Galega de Economía á Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.Nas beiras dos exames globais Lara Cacheda, Carolina Noya, Alba Noya, María Pérez e Xosé Manuel Rodríguez dispuxéronse a unha tarde de maratón na que enfrontar probas de diversa índole.
Foi unha tarde chea de emocións, de entre case cen presentados tiñan primerio que superar un test eliminatorio de 30 preguntas nas que as erróneas restaban. Unha vez remaatado, mentres trataban de relaxarse á calor dun chocolate souberon que tres deles superaron á proba na que elixían as 15 mellores notas.
Lara Cacheda, María Pérez e Xosé Manuel Rodríguez tiveron que baterse cos mellores dos mellores. Nesta segunda volta tiveron que encarar exercicios prácticos e comentario de texto. Toda unha experiencia que revisaron positiva, esta vez voltando sen medalla pero con moito aprendizaxe e memorables momentos compartidos.
Bo traballo rapaces!