Back

DESCUBRINDO A NINA

O noso novo Proxecto de NCA regálanos unha aventura migratoria entre México e Canadá; voamos?

Coa chegada da primavera e o bo tempo, o noso próximo proxecto convídanos a descubrir, entre moitas outras cousas, os insectos. Expedición na natureza e observación atenta ao ciclo vital dos pequenos seres que tanto nos sorprenden.

Poñemos unha especial atención en Nina, a bolboreta Monarca que nos convida á súa viaxe migratoria na que ela e mais outros insectos nos agardan para falarmos de múltiples elementos naturais.

Comezamos descubrindo á nosa protagonista principal recibindo a visita de dous compañeiros de primaria coas súas eirugas e crisálidas.

Xa estamos listos para comezar a voar!