Certame Minerva
“O tempo arde e fumea o mundo.
Que se queime,
que se derretan as palabras do prohibido.”
Coas composicións “Cor de acibeche”, “Ferruxe” e “Astronomia da linguaxe”, tres poemas existenciais que constrúen un camiño metafórico que percorre a vida, que exaltan os sentimentos e engaiolan a alma, que berran “liberdade”, o alumno de 1.º Bacharelato Andrés Collantes acaba de ser recoñecido co segundo premio de poesía na 50 edición do Certame Minverva. A súa creación segue os pasos de ilustres literatos que aparecen nas listaxes de galardoados, como Darío X. Cabana ou Suso de Toro, que tamén foi alumno de La Salle.