Back

Aprendemos educación vial!

A semana pasada, o alumnado de sexto de primaria participou no circuíto de educación vial que tivo lugar no Recinto Ferial de Amio.

As nenas e nenos tiveron unha primeira charla moi interesante que trataba sobre as normas de circulación, os tipos de vías, as sinais e  as pautas para circular de forma segura, tanto como peóns coma como condutores, que neste caso eran ciclistas. Despois chegou o momento de poñer en práctica a teoría así que, por grupos, realizaron un circuíto completo con semáforos luminosos, diferentes rúas, rotondas, sinais e pasos de peóns, onde uns participaban como condutores, utilizando bicicletas e triciclos, mentres outros eran os peóns. Por último, para facer máis completa e emocionante a actividade, regaláronlle un xogo de educación vial a cada participante.

Tanto o profesorado coma o alumnado desfrutamos moito da experiencia!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.