Aprendemos a coidarnos!
Se hai algo que as nenas e nenos de primaria teñen ben claro é que coñecer o noso corpo, como funciona e coidar da nosa saúde é fundamental para o noso benestar.
O alumnado de quinto de primaria acaba de rematar un marabilloso proxecto, “Chequea a túa saúde”, no que estivo a traballar sobre como coidar a saúde tanto física como mental. Estiveron traballando distintos campos da saúde: a vista, o oído, o aparello locomotor e a saúde mental.
Como sempre dicimos, a mellor maneira de aprender é facendo, creando e experimentando, así que as nenas e nenos crearon unha feira da saúde con distintos postos especializados en cada un dos campos citados con anterioridade. Para isto tiveron que investigar, obter información e seleccionala para finalmente deseñar o seu posto a través do cal todos puideron compartir de forma creativa os coñecementos obtidos cos seus compañeiros e compañeiros mais co profesorado.
As nenas e nenos demostraron estar moi sensibilizados e concienciados coa importancia do coidado da súa saúde tanto física como mental.
A continuar aprendendo xuntos!