Back

Aprendemos a coidarnos!

Se hai algo que as nenas e nenos de primaria teñen ben claro é que coñecer o noso corpo, como funciona e coidar da nosa saúde é fundamental para o noso benestar.

O alumnado de quinto de primaria acaba de rematar un marabilloso proxecto, “Chequea a túa saúde”, no que estivo a traballar sobre como coidar a saúde tanto física como mental. Estiveron traballando distintos campos da saúde: a vista, o oído, o aparello locomotor e a saúde mental.

Como sempre dicimos, a mellor maneira de aprender é facendo, creando e experimentando, así que as nenas e nenos crearon unha feira da saúde con distintos postos especializados  en cada un dos campos citados con anterioridade. Para isto tiveron que investigar, obter información e seleccionala para finalmente deseñar o seu posto a través do cal todos puideron compartir de forma creativa os coñecementos obtidos cos seus compañeiros e compañeiros mais co profesorado.

As nenas e nenos demostraron estar moi sensibilizados e concienciados coa importancia do coidado da súa saúde tanto física como mental.

A continuar aprendendo xuntos!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.