Parabéns para os nosos pequenos artistas!
A delegación de Manos Unidas de Santiago de Compostela organizou un concurso de tarxetas de Nadal chamado: “Nadal solidario de Manos Unidas”.
O alumnado do colexio La Salle acolleu con moita motivación a proposta de participar no concurso. Se algo xa sabiamos era que as nosas nenas e nenos teñen moita creatividade e así o demostraron nas tarxetas de Nadal que elaboraron.
Temos a sorte de poder felicitar a Enzo Couso de 1º de Primaria, xa que gañou o primeiro premio da primeira categoría, onde participan nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Tamén queremos destacar que Rodrigo Gómez de 5º de Primaria obtivo unha mención especial polo seu traballo presentado. As tarxetas dos participantes tiveron o luxo de estar expostas durante o Nadal na Biblioteca Pública de Ánxel Casal.