Spot de Nadal 2021: Un brote de esperanza
Din de María que é fortaleza e espírito de sacrificio. Unha muller valente que responde ante a vida con sinxeleza de corazón. Din de Xosé que non se coñecen mans máis dispoñibles e entregadas. Un home comprometido que atopou a medida do amor servindo aos demais. En definitiva, unha familia á intemperie do deserto buscando unha oportunidade de futuro. O relato da fuxida a Exipto non resulta estraño máis de 2000 anos despois. Así o recolle o Evanxeo segundo san Mateo (Mt 2, 13-16):
“Despois que eles se retiraron, o Anxo do Señor apareceuse en soños a Xosé e díxolle: Érguete, toma contigo o neno e a súa nai e fuxe a Exipto; e queda alí ata que eu che diga. Porque Herodes vai buscar o neno para matalo. El ergueuse, tomou de noite o neno e a súa nai, e retirouse a Exipto. Entón Herodes, ao ver que fora burlado polos magos, enfureceuse terriblemente e enviou a matar a todos os nenos de Belén e de toda a súa bisbarra, de dous anos para abaixo”.
O Nadal é tempo de nacer pese ás dificultades. Un momento para recordar, de xeito especial, a aquelas familias que viven sumidas na adversidade: o desemprego, a enfermidade, a soidade, o desafiuzamento, o peche de negocios e establecementos, os ERTES, a distancia, os campos de refuxiados, o exilio político, a guerra… Non fai falta viaxar moi lonxe para velo; están nas rúas, nos bloques de veciños, nas escolas, nas familias… e é fundamental permanecer atentos.
O amor máis fráxil e sinxelo recórdanos que, ante a difcultade, sempre nos queda un gromo de esperanza. Bo Nadal!