
Vivan as acrobacias!
O Novo Contexto de Aprendizaxe co que traballamos na nosa escola tamén inclúe obradoiros nos que o noso alumnado leva a cabo a aprendizaxe práctica de actividades creativas específicas.
Desta vez centrámonos nas nenas e nenos de 5º de primaria que puideron gozar da educación física dunha maneira súper orixinal e divertida. Realizaron unha serie de obradoiros que xiraron en torno ao acrosport. Estiveron realizando figuras corporais, poñendo a proba a súa forza, flexibilidade e equilibrio. Os cativos e cativas quedáronse abraiados segundo ían explorando as posibilidades do seu corpo. Segundo ían realizando algunhas das figuras dábaselles paso a outras de maior grao de dificultade que lograban facer aplicando paciencia e moita constancia á súa práctica.
A través deste obradoiro, ademais de traballar a educación física dunha maneira distinta e motivadora, o alumnado demostrou a súa capacidade para traballar en equipo. Non sería posible o éxito se non hai un traballo grupal, unha toma de decisións conxunta, unha repartición de responsabilidades e un apoio mutuo.
Na nosa escola consideramos que o máis importante é traballar na construción da persoa en tódalas súas dimensións!
Continuamos aprendendo xuntos!


