Back

Internivel Saudable

“Gañar non sempre significa ser o primeiro.

Gañar significa que o estás a facer mellor do que nunca antes o fixeches.”

BOONIE BLAIR, ATLETA

Nesta CONTORNA SAUDABLE, realizamos actividades relacionadas coa saúde, o coidado dun mesmo e da natureza que nos rodea.

No primeiro trimestre, o movemento tomou as aulas, para fomentar unha escola activa e crear hábitos de exercicio. Con iso, traballamos os valores da perseveranza, do respecto polo outro e do xogo en equipo. Realizamos xogos tradicionais para ir gañando no control postural, no coñecemento do propio corpo, no uso doutros materiais, etcétera. Xogamos ao pano, cancións de roda, “Rato, que te pilla o gato”, carreiras de sacos…

Ao longo deste segundo trimestre, continuaremos promovendo a actividade física con actividades máis deportivas. Con diversos materiais traballaremos destrezas predeportivas como a coordinación, o equilibrio, a puntería, a resistencia, a velocidade, etcétera. Estamos a realizar danzas con lazos, xogamos aos birlos e afinando puntería con dianas.

Xogamos e aprendemos que o traballo en equipo nos permite chegar máis lonxe, que a constanciae o esforzo son necesarios e así xa imos fomentando os hábitos saudables.

PILI CASTRO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.