Visita Virtual da man de EDUTECEMPRENDE
O 25 de marzo, os alumnos de economía de 4.º da ESO realizamos unha visita virtual ás instalacións de ANFACO CECOPESCA. A visita foi guiada pola man de dous traballadores de Anfaco, a asociación de empresas conserveiras galegas máis antiga da comunidade.
Mariña López púxonos en contexto,o explicándonos a historia do sector conserveiro en Galicia. Dende a súa orixe romana, pasando pola Revolución industrial ata hoxe en día, mencionou novas técnicas como a salgazón e ás traballadoras galegas como protagonistas deste proceso produtivo. Por outra banda, Carlos Rodríguez Vázquez, revelounos como se realiza o proceso de elaboración e exportación de conservas, afondando nos compoñentes e métodos empregados.
Grazas por unha charla tan interesante e suxestiva, e por resolver todas as nosas dúbidas sobre este sector, tan relevante na nosa cultura e economía.
Blanca Noya e Lucía Gesto, 4.º ESO A