Back

Premios no VII Certame Literario de Viaqua

Na sétima edición do Certame Literario “Relatos de auga intelixente”, que organiza Viaqua para escolares entre 12 e 17 anos, varios alumnos e alumnas do colexio obtiveron o recoñecemento pola calidade dos traballos entregados e seleccionados entre máis de 400 textos.

Este ano a temática dos relatos presentados foi o impacto que teñen os produtos non degradables no medio e nas redes de saneamento, coa finalidade de concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dun mal uso do sistema de saneamento, para conseguir vivir nun mundo máis sustentable.

RELATOS CLÁSICOS

Bacharelato

Alberto Barreiro:  2.º PREMIO: “A viaxe de Pedro”

RELATOS CREATIVOS

ESO

Laura Fernández: 1. º PREMIO: “Mar de lixo”

Bacharelato

María Pérez: 1.º PREMIO: “Repercusión”

Marta Seoane: 2.º PREMIO: “Corrente desbotada”

 

A entrega de premios terá lugar nas próximas semanas.