Back

Visita á Biblioteca Pública de Ánxel Casal!

Onte, o alumnado de 3º de primaria puido realizar unha fantástica visita á Biblioteca Pública de Ánxel Casal.

Que emocionados estaban os nenos e nenas coa saída cultural que puideron desfrutar onte. Durante a mañá, o alumnado saíu do colexio para visitar e coñecer a biblioteca e todos os seus espazos. Puideron recorrer os diferentes andares e as distintas salas da biblioteca, cada unha moi especial e chea de curiosidades.

O persoal do recinto sorprendeunos coa lectura dunha fermosa historia. Ademais, as nenas e nenos aprenderon a buscar libros no catálogo e a entender a lóxica coa que están colocados nos estantes. Tamén aprenderon como deben facer para levar un libro á casa e como devolvelo chegado o momento.

Tanto as profesoras como o alumnado sentímonos moi agradecidas pola oportunidade e agardamos volver pronto!