Back

Intercambio con París

Nin a cancelación do noso voo, nin a chuvia, nin a folga xeral de Francia, nin as vinte horas de autobús nos impediron viaxar a París o pasado trece de marzo. Con certa incertidume pero moitas ganas, subímonos ao bus ás doce do mediodía. Tras ese tempo, moitas conversas, cancións diversas, cabezadiñas e algunha que outra parada polo camiño, chegamos por fin a Versalles ás seis da mañá. Para repoñer forzas, tomamos un croissant e en canto abriu o colexio, deixamos as maletas, démoslles unha aperta aos nosos correspondentes e fomos pasar o día a Disney. Puidemos subir en diferentes atraccións e desfrutar da maxia do universo de Mickey. Tras un día intenso, volvemos ao colexio para marchar á casa do noso correspondente. Intensa foi o resto da semana tamén, con clases de inmersión, conversación, titoría e moitas visitas. Así pois, pasamos un día en París onde puidemos apreciar a maxestosa Tour Eiffel, paseamos polos Campos Elíseos, visitamos o museo de Orsay, demos un paseo polo Bateau Mouche e, por suposto; entramos no Palacio de Versalles. Cantas emocións e vivencias concentradas en sete días. Sen dúbida a despedida foi dolorosa, pero a experiencia quedará nos nosos corazóns para o resto da nosa vida. 

Ana Roel

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.