Back

Un ano máis, campións provinciais do concurso de educación financeira

O Colexio de Economistas de A Coruña e o Consejo General de Colegios de economistas organizaron por segundo ano consecutivo un torneo de debate entre alumnos de bacharelato.  Á primeira fase concurriron dous equipos do colexio. Un formado por Jimena Regueira, Carlos Trillo, María Gamás e Froila Sarmiento, que presentou un orixinal vídeo teatralizado no que poñían de relevo distintos aspectos a ter en conta se se quere dar resposta aos problemas económicos de maneira responsable. E é que a responsabilidade era o asunto central a debate. Baixo  título:  “Nesta situación de crise provocada pola Covid-19, é máis responsable consumir ou aforrar?”  os alumnos tiñan que defender a súa postura argumentada transmitindo a menxase a través dun vídeo de 4 minutos de duración.
O segundo equipo, composto por Paula Núñez, Íñigo Martínez, Ángela Dopazo e Laura Tarrío resultou gañador da fase provincial, polo que agora terá que enfrontarse aos outros 24 vencedores na fase nacional.
A resposta que defenderon estes alumnos foi a do consumo responsable, apelando tanto á actuación das economías domésticas, como a das empresas e ao mesmo Estado.
Desexámoslle sorte no próximo encontro e felicitámoslles polo éxito acadado.
Noraboa a todos os participantes por animarvos nesta aventura inserta no esixente curso de 2º de bacharelato.
Ánimo pois!
La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.