Back

RESULTADOS PAU 2025-2026

Exames, recuperacións, parciais, fase xeral, fase específica, ¿Historia de España ou Historia da Filosofía?, PAU, Selectividade, Medicina, Dereito, dobres graos... Son palabras que acompañaron ao noso alumnado durante todo o curso e que, desde setembro, marcaron o día a día dunha promoción que traballou con esforzo, constancia e dedicación para acadar os seus obxectivos.

Tras máis de oito meses de estudo e preparación, chegou o momento de enfrontarse a esa proba tan esixente e agardada: as Probas de Acceso á Universidade. Un reto que tamén lembran moitos pais, nais e profesores, e que supón o derradeiro paso antes de iniciar unha nova etapa académica.

Hoxe podemos celebrar uns resultados extraordinarios. La Salle Santiago presentou 123 estudantes ás PAU (90% dos alumnos matriculados) e acadou un 100 % de aprobados. Os 123 alumnos e alumnas que se
presentaron ás probas superáronas con éxito, culminando así unha etapa de intenso traballo e dedicación.

Este resultado é froito do compromiso do noso alumnado, do acompañamento das súas familias e do labor de todo o equipo docente, que os guiou e apoiou ao longo destes anos. Desde La Salle Santiago queremos felicitar a toda a promoción por este magnífico logro e desexarlle moito éxito no camiño que agora comeza na Universidade.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.