Resultados na ABAU
O alumnado de 2.º de Bacharelato do colexio presentado ás probas da ABAU na convocatoria ordinaria ven de conseguir uns moi bos resultados. O 100 % das persoas presentadas conseguiron a cualificación de APTO. A media da fase xeral foi de 7,51, case medio punto máis que o curso pasado. Resultados moi bos dada a cantidade de persoas presentadas, seguramente da mái alta de Galicia.
Ademais, 27 alumnas/os do colexio, máis dun 23 % do total, conseguiron unha nota de 9 ou superior, polo que serán recoñecidos pola universidade como mellores expedientes deste curso o vindeiro venres 21 de xuño. Estas son as persoas:
- Abreu Lorenzo, Liz de
- Alonso González, Alejandra
- Balsa Noya, Adriana
- Bao Vázquez, Patricia
- Caridad Lado, Uxía
- Cepeda Vila, Iria
- Combo García, Inés
- Coucheiro Rodríguez, Iria
- Daponte Zarra, Alejandra Avelina
- Fernández Martínez, Carmen
- Filgueira Pérez, Alejandra
- Gallardo Rubio, Samuel
- Gómez Valiño, Lucía
- González Mahía, Inés
- Iglesias Núñez, Javier
- Lesmes Devesa, Lucas
- Martínez Lanza, Julia
- Nsang Gómez, Nicolás
- Otero Rodríguez, Candela
- Quintás García, Martín
- Rial García, Roi
- Rúa García, Xián
- Serra di Matteo, Camila Constanza
- Soto Sánchez, Inés
- Tarrío Andrade, Pedro
- Vázquez Morandeira, Tomás
- Zas Sande, Laura
Felicitamos a todo o alumnado por estes bos resultados, que esperamos lles permitan acceder aos estudos que desexan.
Todo isto non se podería conseguir sen a implicación e o traballo de todo o profesorado do colexio, polo que queremos aproveitar para mostrar o agradecemento e recoñecemento.