Back

Carla Coucheiro premiada no certame RELATOS.GAL

Este ano celebrouse a VII Edición do Certame de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. 

A alumna de terceiro de ESO, Carla Coucheiro Rodríguez, presentou o seu texto na categoria xuvenil (de 12 a 17 anos) e resultou galardoada co terceiro premio. Carla competía con 325 autores de textos presentados por alumnado de ESO e Bacharelato, polo que este recoñecemento ten moito valor por ser ela a máis nova dos premiados na categoria.

O acto de entrega de premios realizarase na Coruña, nun acto aberto ao público e o relato será publicado na revista Luzes.

 Así aparece anunciado na web oficial: “Carla Coucheiro Rodríguez, natural de València e veciña de Santiago de Compostela, gañou o terceiro premio xuvenil con “Inocencia”, un desgarrador relato que en tan só 54 palabras mergulla o lector na visión dun neno que medra nun fogar marcado pola violencia de xénero. “Dende nena fun escribindo contos e historias, e sempre busquei debuxar, ler e escribir”, explica Carla.”

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.