Back

Alejandra Neira segue a súa carreira cara á copa Cofidis

A localidade navarra de Estella foi escenario da cuarta cita da Copa de España de Mulleres Cofidis este sábado, 8 de xuño, na categoría cadete.

Nesta proba de 40,4 km de percorrido varias corredoras escapáronse no alto de Igúzquiza, situado a 12 km de meta. A nosa alumna, Alejandra Neira impúxose nun emocionante sprint e deste xeito segue a ser líder da xeral desta Copa España Mulleres.

Con Alejandra comparte pelotón outra lasaliana,  Andrea, alumna do colexio La Salle de Palencia que este curso estivo polo noso colexio representando a obra de teatro “Believer”. Desexámoslle tamén o mellor a Andrea.

Alejandra saía xa na neutralizada na primeira posición lucindo a camisola de líder. Revalidou a súa primeira posición na xeral coa súa nova vitoria abrindo un pouco máis de oco coas súas perseguidoras.

Parabén Alejandra!, e moito ánimo nas tres probas que che quedan.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.