QUE ANIMALADA DE PROXECTO!
“Os esforzos en defensa dos animais chegan a cansarme; pero só pensar que a natureza pertence aos nenos e nenas, sérveme para continuar a miña loita”
Félix Rodríguez de la Fuente
Como xa esperabamos o proxecto deste trimestre fascinou ao noso alumnado. Os animais sempre son un tema apaixonante para os pequenos e pequenas… e tamén para os maiores. Grazas ao noso proxecto de 3 anos coñecemos: costumes, curiosidades e onde viven os diferentes animais.
EQUIPO DIDÁCTICO DE INFANTIL