Back

Cea diferente de Proyde!

O pasado venres gozamos, en familia, dunha cea solidaria no noso colexio a prol de Proyde!

Profesoras, profesores, irmáns de La Salle mais algunhas familias puidemos desfrutar xuntos dun tempo de calidade no que escoitamos unha marabillosa testemuña do irmán Carreira e compartir unha deliciosa cea.

Tamén tivemos a sorte de participar no sorteo dunha cesta con produtos de comercio xusto mais varias bolsas de tea, cunha preciosa ilustración, deseñadas pola profesora Ánxeles.

Esperaremos con moitas ganas e ilusión ao próximo curso para continuar compartindo un tempo tan valioso en iniciativas tan fermosas xuntos!