Pequenos Emocionarios
“Canto máis abertos esteamos aos nosos propios sentimentos,
mellor poderemos ler os dos demais”
DANIEL GOLEMAN
Educar en emocións: ensinar ao neno a recoñecer as súas emocións
Que os nosos nenos e nenas aprendan a nomear as súas emocións implica en primeiro lugar, aprender a recoñecer certas expresións físicas: a nosa linguaxe corporal.
A observación atenta sobre o propio corpo e o dos demais, será un paso fundamental para alcanzar as denominadas COMPETENCIAS EMOCIONAIS; ese conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes necesarias para comprender, expresar e regular de forma apropiada os fenómenos emocionais.
Aínda que prender a recoñecer e poñer nome ás emocións é unha tarefa que pode levarnos toda a vida, debemos iniciar esta aprendizaxe desde a infancia, onde as primeiras relaciones socio-afectivas son unha porta ao mundo onde nos situaremos como adultos.
No noso espazo de NCA XESTIÓN EMOCIONAL, desenvolvemos tarefas de lectura e escoita de contos que falen de emocións, identificamos reaccións físicas, representamos situacións de conflito emocional, expoñemos en primeira persoa vivencias reais, xeramos hipóteses, predicimos reaccións e empatizamos cos demais.
“Temos dúas mentes, unha que pensa e outra que sente”
DANIEL GOLEMAN
SONIA FRANO
Mestra de Educación Infantil