
Os nosos alumnos de 3 anos
- Categorías Actualidade, Infantil
- Data Xuño 10, 2020
Estabamos a primeiros de setembro, ía calor, aínda era verán, e no colexio La Salle Santiago, tres profesoras (Lucía, Sita e Puri) preparaban as súas aulas para dar a benvida a 75 nenos e nenas, que comezaban a súa vida escolar.
O primeiro día abriuse a porta e atopámonos cuns nenos e nenas moi contentos e... outros non tanto, pero todos dispostos a vivir moitas aventuras, coñecer moitos amigos e aprender moitas cousas novas.
Agardaban por eles moitas sorpresas: o noso amigo JUAMBA, o patio de fóra coa súa casiña, co castelo con tobogán, co balancín...; o patio cuberto para xogar e correr; a sala de psicomotricidade, con gran cantidade de material divertido. E coñecer a unha profesora moi simpática que falaba un pouco raro, a teacher Paula, con ela aprendemos a cantar, xogar e falar en inglés.
E entre unhas cousas e outras, o tempo foi pasando e despois de todo o vivido esperamos que o próximo curso, xa en 4 anos, poidamos continuar creando lazos e soñando novas aventuras.









Tamén che pode interesar
