
O TEMPO PASA RÁPIDO
E parece que foi onte cando comezamos o curso e xa está a piques de rematar.
Nas clases de infantil 4 anos estamos a lembrar todos eses momentos polos que damos as GRACIAS, todas as persoas, actividades, emocións… tamén recibimos a visita dos nenos das aulas de tres anos para darles testemuña do vivido e subimos a visitar ás aulas de 5 anos onde nos recibiron con moito agarimo.
En nada, xa voltamos de novo, cheos de enerxía, emoción e ganas de vivir novas aventuras!








