Back

Olimpíada de Xeografía

O 16 de marzo varios alumnos e alumnas de 2.º de Bacharelato tivemos a gran oportunidade de participar na Olimpíada de Xeografía, que se celebra todos os anos a nivel autonómico en Galicia.

Este programa normalmente lévase a cabo de forma presencial, pero este ano, desgraciadamente, debido á situación sanitaria, non puidemos desfrutar das instalacions na facultade de Xeografía e coñecer a outros alumnos doutros colexios e institutos de Galicia.

Esta Olimpíada consistiu na realización dun test on-line. Durante case unha hora respondemos a todas as cuestions formuladas acerca desta materia de 2.º de Bacharelato. Foi unha mágoa non poder participar físicamente, mais a oportunidade pagou a pena.

Así mesmo, non podemos esquecer que o noso compañeiro Íñigo Martinez quedou de segundo na clasificacion global a nivel de toda Galicia, salientando así o seu gran esforzo e interese por esta materia. Íñigo formará parte da sesión nacional que en principio realizará as probas de forma virtual.

Esperemos que para o ano que vén os participantes que se poidan presentar desde o noso colexio, se animen e poidan gozar presencialmente desta experiencia tan enriquecedora.

Froila Sarmiento. 2.º Bach. A

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.