Olimpíada de Xeografía
O 16 de marzo varios alumnos e alumnas de 2.º de Bacharelato tivemos a gran oportunidade de participar na Olimpíada de Xeografía, que se celebra todos os anos a nivel autonómico en Galicia.
Este programa normalmente lévase a cabo de forma presencial, pero este ano, desgraciadamente, debido á situación sanitaria, non puidemos desfrutar das instalacions na facultade de Xeografía e coñecer a outros alumnos doutros colexios e institutos de Galicia.
Esta Olimpíada consistiu na realización dun test on-line. Durante case unha hora respondemos a todas as cuestions formuladas acerca desta materia de 2.º de Bacharelato. Foi unha mágoa non poder participar físicamente, mais a oportunidade pagou a pena.
Así mesmo, non podemos esquecer que o noso compañeiro Íñigo Martinez quedou de segundo na clasificacion global a nivel de toda Galicia, salientando así o seu gran esforzo e interese por esta materia. Íñigo formará parte da sesión nacional que en principio realizará as probas de forma virtual.
Esperemos que para o ano que vén os participantes que se poidan presentar desde o noso colexio, se animen e poidan gozar presencialmente desta experiencia tan enriquecedora.
Froila Sarmiento. 2.º Bach. A