
No colexio celebramos o Día das Letras Galegas por todo o alto!
O pasado venres as nenas e nenos de primaria e infantil xunto co profesorado de ambas etapas xuntáronse no patio do colexio para realizar un fermoso acto en conmemoración do Día das Letras Galegas.
Celebramos a nosa lingua e a nosa cultura con moitas ganas e ilusión. O alumnado levaba semanas preparando e ensaiando poemas, cancións, bailes e diferentes actuacións que fixeron que esa mañá fose moi especial para todos e todas.
Todo o profesorado atópase moi orgulloso do enorme talento, a participación e o saber estar de tódolos nenos e nenas!
