Back

Sabes unha cousa? Na nosa clase temos unha pequena horta

Ás clases de 5 anos chegou unha mensaxe dun saltón de Texas que nos conta que viu pasar a Nina e os seus amigos camiño de Canadá, dinos que para nas flores para comer.

E decidimos axudar dende a aula a estes insectos, por iso collemos diferentes sementes: fabas brancas e verdes, trigo, lentellas e garavanzos e creamos unha pequena horta.

Tivemos que seguir uns pasos fundamentais con moita paciencia e atención para que a nosa horta dea os seus froitos.

  • Comezamos facendo un sementeiro, coas sementes, auga e algodón nun recipiente e deixamos que xerminaran uns días.
  • Preparamos unhas macetas, decorámolas e fixémolas bonitas para poder recibir as nosas sementes.
  • Unha vez xerminadas, botamos terra nas macetas e transplantamos as sementes xerminadas.
  • Deixámolos na fiestra, porque o aire e a luz son moi importantes para que medren, e por suposto regámolos porque a auga é fundamental para todos os seres vivos.
  • Pasaron os días… e por fin puidemos ver medrar as nosas plantas.

Que bonito é ver e coidar a natureza!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.