
MAR DE PALABRAS
“A anduriña veu do mar a voar, a voar
na posada do tellado anda tola a parolar”
FLORENCIO DELGADO
Non son anduriñas que veñen do mar, pero si barcos e peixes que se moven entre as azuis ondas infantís, cargados das nosas palabras galegas favoritas. Chegan a porto para acompañar e enxalzar o fermoso poema que o homenaxeado escritor Florencio Delgado nos legou.
AXÓUXERE, bolboreta, QUÉROTE, anduriña, lúa, carantoña, arrolar, BICO, aperta, …
Palabras nadando no noso particular “MAR DE PALABRAS”, mural creado polos nenos e nenas de Educación Infantil exposto ao carón do protagonista principal deste ano no 17 de maio, día das nosas Letras Galegas.
Así mesmo, estes días dedicamos unha especial atención a nosa identidade cultural a través do baile, a música e a lingua.

