La Salle, campións da competición de debate Parlamento Xove
Un ano máis, o noso colexio participou no Parlamento Xove, a competición de debate académico que organiza a Xunta de Galicia.
O colexio foi representado por tres equipos, os tres, clasificados para a fase final que se celebrou no Parlamento de Galicia. O equipo da ESO, formado por Simón Collantes, Antía Lois, Raquel Ferrer e Gael González chegou a cuartos de final.
Por outra parte, na categoría de Bacharelato, tivemos dobre representación: o equipo formado por Lucas Pérez, Mateo Somoza, Naroa Mosquera e Cristina Iglesias chegaron ás semifinais.
E o equipo formado por Julia Gil, Lucía López, Alba Sánchez e Claudia Castiñeiras, que se proclamou campión de Galicia
Ademais, dous dos tres premios que se conceden en cada categoría para os mellores oradores, foron para os nosos refutadores dos equipos de bacharelato Alba Sánchez e Mateo Somoza.
Na categoria de universidade dous dos tres mellores oradores tamén son antigos alumnos do colexio: Andrés Collantes e Alejandro Alvarellos, campión tamén o seu equipo da categoría de universidade.
Todo un éxito para o colexio.
Parabéns!