
#IgualdadeDeFollowers
- Posted by admin
- Data Abril 20, 2026
Unha representación do alumnado de 2º de Bacharelato acudiu recentemente ao evento #IgualdadDeFollowers, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para fomentar a igualdade e o talento galego nas redes sociais. Durante a xornada, tivemos o luxo de escoitar a referentes como a influencer do mundo rural Nuska, a profesional do audiovisual María Mera e a cantante Sabela, quenes compartiron as súas experiencias nos seus respectivos ámbitos. Foi unha oportunidade única para reflexionar sobre o papel da muller na creación de contido e a importancia de dar visibilidade ás nosas raíces. Unha experiencia motivadora que nos axuda a mirar cara ao futuro profesional con orgullo e espírito crítico!


Tamén che pode interesar
Celebramos o DOMUND en Primaria!
Novembro 18, 2026
Viva o Samaín!
Novembro 18, 2026
Éxito na Carreira Pedestre de Santiago
Novembro 5, 2026
