
Seis alumnos de 4º da ESO do noso colexio foron seleccionados para participar no programa: GaliMUN
- Categorías Actualidade, Secundaria
- Data Abril 14, 2026
Seis alumnos de 4º da ESO do noso colexio foron seleccionados para participar no programa: GaliMUN, o Modelo de Nacións Unidas organizado pola asociación SimuGal, celebrado os días 20, 21 e 22 de marzo no Centro de Estudos Avanzados da USC, en Santiago de Compostela. Traballaron no comité Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), deseñado para participantes de etapa escolar, co tema da deforestación e a minería ilegal na Amazonía. Cada un deles representou a un país : Candela Vidal a Canada; Antonio Domínguez a Alemania; Antía Mato a Estados Unidos; Helena Saavedra a Brasil, David Pérez a Noruega e Juan Mella a Arabia Saudita.
Fixérono fenomenal. Parabéns a todos eles


Tamén che pode interesar
Peza a peza, construímos un mundo mellor!
Setembro 29, 2026
O Equipo de Proyde de La Salle Santiago xa está en marcha!
Setembro 24, 2026
“Construíndo un mundo máis fraterno”
Setembro 24, 2026
