
ALUMNOS DE PRIMEIRO DE BACHARELATO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
- Categorías Actualidade, Bacharelato
- Data Abril 14, 2026
O pasado día 14, 15 e 16 de marzo os alumnos de primeiro de bacharelato Noa Fernández, Martín Fraga e Claudia Benito desprazáronse ata Madrid, acompañados da profesora Mónica, para formar parte da sesión nacional do Modelo de Parlamento Europeo que se celebrou no Congreso dos Diputados, tras superar unha fase autonómica na que participaron escolas de toda Galicia.
Tivemos a oportunidade de desenvolver o noso pensamento crítico. Tratamos varios temas de actualidade que preocupan á Unión Europea como a escaseza da auga, a intelixencia artificial, o rearme europeo ou o problema da vivenda…Unha experiencia moi enriquecedora tanto a nivel académico como, sobre todo,persoal que ensinóunos a abrir as nosas mentes para coñecer outros puntos de vista, compartir opinións, e
sobretodo, coñecer xente nova que en apenas tres días convertíronse na nosa familia. O MEP deixounos unha pegada que xa nos marcou e sempre estará connosco.
Parabéns a Claudia que, nesta fase, foi seleccionada para poder participar na Internacional.
Claudia, Martín e Noa.


Tamén che pode interesar
Éxitos en Actividades de Filosofía e Debate
Nestas últimas datas, algúns dos nosos alumnos que participaron en diversas actividades relacionadas co mundo do debate acadaron distintos éxitos dos que salientamos os seguintes: Éxito na Olimpiada de Filosofía de Galicia: parabéns para a alumna de 4º da ESO …
XOGOS OLÍMPICOS POR TODO O ALTO
