Éxitos en Actividades de Filosofía e Debate
- Categorías Actualidade, Bacharelato, Secundaria
- Data Abril 14, 2026
Nestas últimas datas, algúns dos nosos alumnos que participaron en diversas actividades relacionadas co mundo do debate acadaron distintos éxitos dos que salientamos os seguintes:
Éxito na Olimpiada de Filosofía de Galicia: parabéns para a alumna de 4º da ESO Antía Mato Adrio que acadou un ben merecido 3º posto na Olimpiada de Filosofía de Galicia na modalidade de dilemas morais.
Participación en Torneos de Debate (Lugo): Dous equipos do colexio, un de primeiro de bacharelato e outro de cuarto da ESO, participaron na competición @masdebate. Dentro desta actividade a nosa alumna Noela Cores está clasificada para a final do concurso de discursos. A experiencia foi tremendamente interesante! Finalmente Noela Cores foi premio ao mellor dicurso e Paloma Coucheiro premio á mellor conclusora!



Tamén che pode interesar
ALUMNOS DE PRIMEIRO DE BACHARELATO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
XOGOS OLÍMPICOS POR TODO O ALTO
