
Mercado de punta a cabo
- Categorías Actualidade, Secundaria
- Data Abril 20, 2026
Os alumnos de Economía de 4º estiveron case un mes poñendo en marcha unha iniciativa empresarial. Tiveron que incubar unha idea de negocio, algo que lles puidese interesar aos compañeiros de 1° ESO. Unha vez decidido comezou a burocracia: obtención dun CIF, permiso de venda, pago de taxas, solicitude dun préstamo. Enfrontaron algunha multa, algún accedeu a subvencións... Fixeron os seus Lenzos de Modelo de Negocio e ata algún Mapa de Empatía do cliente...
E así, chegou o esperado día: o recreo do 14 de abril, tras facer un simulacro cun prototipo, puxeron a proba as súas iniciativas. TODO, vendeuse todo, as filloas de As d'Aboa, as caixas de Dulce Sorpresa, os xogos dos BrainrotFest, as palmeritas de Bollix e ata os pedazos de Bocadillos Escudero. Foi un éxito. Os pequenos contaban cunhas moedas especiais e non dubidaron en optimizar o seu uso. Os maiores da ESO trataron de compracer aos seus clientes obxectivo e todos tan contentos.





Tamén che pode interesar
Semana da Lectura na etapa de Primaria

