Felices Festas!
Tras uns días achegándonos un pouco máis á obra de San Xoán Bautista de La Salle, chegou o día de xuntarnos para compartir a emoción que nos une por pertencer á mesma familia, por celebrar xuntos as nosas festas na honra do fundador.
Agradecemos poder volver a ver aos nenos e nenas de cinco anos abrindo festas co seu desfile neste día, ao grupo de sexto de primaria animándonos co seu baile, resultado da implicación, do esforzo e do seu compromiso. Non podían faltar os xigantes e cabezudos que a uns emocionan e outros ben pequeniños aínda seguen pensando se é para asustarse.
Cantamos “Tú me enseñaste a volar” ben forte e compartindo a ledicia, o agradecemento, a implicación, a convivencia, berramos ben alto…