Back

Pleno na VIII edición Premios “Relatos Intelixentes” VIAQUA

O pasado mércores, 27 de abril, dous alumnos e dúas alumnas de primeiro de bacharelato recolleron o premio outorgado pola entidade Viaqua, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi.

A participación no certame literario foi excelente e, entre os máis de 300 traballos presentados en Galicia, resultaron gañadores e gañadoras:

MODALIDADE RELATOS CLÁSICOS
  • Segundo premio para Hugo Veiga Couselo polo seu relato “Segundos”.
  • Primeiro premio concedido a Pablo Rodríguez Reino polo texto narrativo titulado “A billa baixo a auga”.
MODALIDADE RELATOS CREATIVOS
  • Segundo premio para Ángela Suárez Gómez polo texto lírico “Treixada”.
  • Primeiro premio para Enma Sánchez Lomba pola banda deseñada “Sobrevive”.

Moitos parabéns porque ademais de facer un exerccio de análise da situación da nosa contorna medioambiental, soubestes artellar imaxinación, reflexión e selección do léxico preciso para crear arte; dándolle vida á palabra e facéndonos reflexionar tamén aos demais sobre a importancia da auga nas nosas vidas.

A fórmula para coidar o noso Planeta Terra é sinxela:

O labor para acadar o obxectivo é de todos e todas nós os 365 días do ano.

www.galiciapress.es

www.elcorreogallego.es

www.lavozdegalicia.es