
Entrou o Nadal en infantil!
Pouco a pouco, entre os nenos e as nenas, as mestras e as familias, o Nadal chegou ás nosas aulas e corredores de infantil.
Aproveitando diferentes técnicas plásticas e materiais, e axudándonos da ilusión coa que os nenos e nenas viven estas datas, conseguimos ir decorando cada espazo e enchelo de cor, de luz e brillo; gardando oco aos máis diversos Nacementos e árbores de Nadal.
Queremos adicarlle un agradecemento especial ás familias dos nenos e nenas de 4 anos que nesta ocasión lles tocou colaborar de maneira particular decorando libremente unhas bólas navideñas e que agora decoran o noso corredor.
Graciñas pola colaboración, pola creatividade e a arte que nelas se reflexa!
Equipo Didáctico de Educación Infantil






