Back

Entrou o Nadal en infantil!

Aproveitando diferentes técnicas plásticas e materiais, e axudándonos da ilusión coa que os nenos e nenas viven estas datas, conseguimos ir decorando cada espazo e enchelo de cor, de luz e brillo; gardando oco aos máis diversos Nacementos e árbores de Nadal.

Queremos adicarlle un agradecemento especial ás familias dos nenos e nenas de 4 anos que nesta ocasión lles tocou colaborar de maneira particular decorando libremente unhas bólas navideñas e que agora decoran o noso corredor.

Equipo Didáctico de Educación Infantil