Back

Descubrimos mundos novos

O alumnado de 2º de primaria está inmerso nun interesante proxecto relacionado coa importancia do comercio xusto no mundo.

Os nenos e nenas levan semanas achegándose a unha nova realidade: a da produción e elaboración de produtos baixo unhas condicións e salarios xustos para tódalas persoas que participan no proceso. Botamos unha ollada a diferentes países e produtos e analizamos se as condicións de traballo eran xustas ou non. Tamén buscamos solucións para as inxustizas que iamos atopando.

Para axudarnos a comprender estes procesos de elaboración e produción que hai detrás de cada produto, contamos coa axuda de Copia Cerámica, un obradoiro de Santiago de Compostela que nos abriu as súas portas para que tanto o profesorado como as nenas e nenos puidésemos ver como realizan o seu traballo artístico coa cerámica. Aprendemos cales son os distintos tipos de barro, as tres técnicas que podemos usar para traballar con el, o material necesario para esmaltar, así como os distintos pasos que debemos de seguir ata obter a nosa obra de cerámica.

Sentímonos moi agradecidas de que tantas persoas nos ofrezan a súa colaboración e axuda para facer que a educación do noso alumnado sexa o máis significativa posible!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.