Back

Celebración do día de Rosalía

O Colexio La Salle, querendo sumarse á conmemoración do Día de Rosalía, fai partícipe ao alumnado e á comunidade educativa da celebración.

O departamento de Lingua compartiu a primeira hora da mañá con todo o alumnado un poema en  acróstico de lembranza da musa e unha reflexión sobre a importancia da autora. Posteriormente, en cada clase, tamén fixemos actividades de análise da súa obra e de lembranza da súa biografía. Destacamos o papel que desenvolveu na sociedade galega do século XIX, pensando sempre nos máis desfavorecidos, no desexo de facer unha sociedade máis xusta e comprometida con Galicia, coa xente e coa lingua galega. Compartimos co noso alumnado tamén a actividade que promove a Fundación Rosalía.

Mil primaveras máis para a nosa lingua!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.