Descubrimos mundos novos
O alumnado de 2º de primaria está inmerso nun interesante proxecto relacionado coa importancia do comercio xusto no mundo.
Os nenos e nenas levan semanas achegándose a unha nova realidade: a da produción e elaboración de produtos baixo unhas condicións e salarios xustos para tódalas persoas que participan no proceso. Botamos unha ollada a diferentes países e produtos e analizamos se as condicións de traballo eran xustas ou non. Tamén buscamos solucións para as inxustizas que iamos atopando.
Para axudarnos a comprender estes procesos de elaboración e produción que hai detrás de cada produto, contamos coa axuda de Copia Cerámica, un obradoiro de Santiago de Compostela que nos abriu as súas portas para que tanto o profesorado como as nenas e nenos puidésemos ver como realizan o seu traballo artístico coa cerámica. Aprendemos cales son os distintos tipos de barro, as tres técnicas que podemos usar para traballar con el, o material necesario para esmaltar, así como os distintos pasos que debemos de seguir ata obter a nosa obra de cerámica.