Back

Creatividade ao poder!

Estas semanas, no colexio La Salle, estamos a vivir a preparación do Nadal nas nosas aulas. Unha fermosa época, na que as nenas e os nenos están cheos de ledicia e ilusión.

O profesorado e o alumnado de primaria continuamos a traballar con moito afán cos proxectos NCA. As nenas e os nenos móstranse moi motivados, xa que teñen a oportunidade de ser os protagonistas reais da súa aprendizaxe. Nos seminarios adquiren os conceptos necesarios para, a continuación, poder traballalos e interiorizalos a través de atractivos proxectos.

Neste caso, o alumnado de 5º de primaria estivo a traballar o proxecto número tres do trimestre, chamado “Ilumina vida”. Este proxecto consistiu, principalmente, no traballo con circuítos eléctricos que os nenos e nenas decidiron aproveitar para crear os seus adornos de Nadal. Todos nos quedamos abraiados ao ver iluminadas as nosas fabulosas creacións.

Como nos gusta crear e aplicar o que aprendemos á nosa realidade. E, ademais, se o produto final que obtemos nos serve para adornar as nosas aulas nesta bonita época, mellor!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.